II Tweed Ride Luis Molist. Bicicletas Clásicas

Mes Vive Vigo en Bici

Domingo 12 de Maio:

II Tweed Ride "Luis Molist" Vigo.

Encontro e marcha de bicicletas clásicas e antigas

Tweed Ride Luis Molist - Marcha bicicletas clásicas

 ¿Cuándo y dónde?

 

Descripción:

A Tweed Ride Luis Molist é un encontro de apaixoados polas bicicletas clásicas e antigas, que permitirá a todo o público en xeral presente en Bouzas o día de feira poder contemplar en Vigo as incribles bicicletas coas que contan os participantes, á vez que os mesmos desfrutarán dunha xornada de encontro e confraternización ao redor da bicicleta, a pequena raíña como así a chamaba Luis Molist, socio honorífico de A Golpe de Pedal falecido en 2017, ao que adicamos esta marcha con agarimo e unha sentida lembranza e que nos ensinou como a bicicleta leva formando parte das nosas vidas dende xa hai 2 séculos e seguirá presente nela cada día con máis forza.

11:00. Encontro de participantes no Paseo de Bouzas, entre a Igrexa e Praia do Adro.

11:30-13:00. Saída en bicicleta para un paseo en grupo pola senda litoral de Bouzas.

13:00-14:00: Exposición das bicicletas na Pérgola de Bouzas.

Indispensable acudir con bicicleta clásica ou antiga (non máis reciente dos anos 80) e vestido de época acorde á bicicleta (a asociación A Golpe de Pedal podería dispoñer de algunha, polo que de ser o caso se pode consultar dita dispoñibilidade).

Distancia total: 6 Km

Lugar de inicio: Paseo de Bouzas, fronte á Igrexa (ver en maps)

Recomendacións: Indispensable traer bicicleta clásica ou antiga e roupa da época. Apta para menores a partir de 8 años acompañados dun adulto. Necesario saber montar en bicicleta correctamente.

Inscrición:

Recordámosvos que para apuntarse é necesario inscribirse previamente. Para inscribirvos tendes que cubrir o formulario dispoñible a continuación.

Para calquera aclaración ou consulta estamos a vosa disposición: info@bicicleando.es ou 615 917 964

 

 

 Formulario de Inscripción!

Os campos con asterisco son obrigatorios para validar a inscrición.

PROTECCIÓN DE DATOS: De acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 e o seu regulamento de desenvolvemento RD1720/2007, se lle informa de que os datos persoais que vostede nos facilita de forma voluntaria a través dos nosos medios de recollida de información serán incorporados ao noso ficheiro automatizados e/ou manual, coa fin da correcta xestión dos clientes e usuarios da entidade, sen perxuizo do exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais mediante escrito (adxuntando fotocopia DNI) dirixido a Bicicleando S. Coop. sede social en Lugar de Pazos nº78 ático, 36142, San Adrián de Cobres, Vilaboa.