Mes Vive Vigo en Bici: Bicilua

» on 19.04.2018

Mes Vive Vigo en Bici:

Sábado 28 de Abril:

Bicilúa - Ruta Vigo BiciCidade de Cor I

 ¿Cuándo y dónde?

 

Descrición:

19:00. Saída en bicicleta dende o Parque de O Castro (entrada castelo), en  ruta guiada polos murais do centro de Vigo. Iremos parando nos murais do itinerario "Vigo BiciCidade de Cor I" (consultar mapa)  para facer unha foto de grupo en cada un deles.

Distancia total: 15 Km

20:30-21:00: Chocolatada no Castelo de O Castro e observación da lúa chea con prismático. Reparto de agasallo aos participantes.

22:00: Finalización da actividade.

[+] Ver mapa de ruta.

Lugar de inicio: O Castro, Vigo (xunto a cafetería) (ver en maps)

Recomendacións: Traer bicicleta e roupa cómoda  para bicicleta. Apta para menores a partir de 8 años  acompañados dun adulto. Necesario saber montar en bicicleta correctamente.

Alugueiro de Bicicletas: Posibilidade de alugueiro de bicicletas para a marcha. Tarifa de 10€ por alugueiro medio día.

Inscrición:

Vos recordamos que para apuntarse é necesario inscribirse previamente, xa que as prazas son limitadas. Para inscribirvos tendes que cubrir o formulario dispoñible a continuación.

Para calquera aclaración ou consulta estamos a vosa disposición: info@bicicleando.es o 615 917 964

 

 

 Formulario de Inscripción!

Os campos con asterisco son obrigatorios para validar a inscrición.

PROTECCIÓN DE DATOS: De acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 e o seu regulamento de desenvolvemento RD1720/2007, se lle informa de que os datos persoais que vostede nos facilita de forma voluntaria a través dos nosos medios de recollida de información serán incorporados ao noso ficheiro automatizados e/ou manual, coa fin da correcta xestión dos clientes e usuarios da entidade, sen perxuizo do exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais mediante escrito (adxuntando fotocopia DNI) dirixido a Bicicleando S. Coop. sede social en Lugar de Pazos nº78 ático, 36142, San Adrián de Cobres, Vilaboa.